RSS

REDACCIONES

REDACCIÓN DE LA SEMANA DE LAS CIENCIAS

Para festexar a Semana das Ciencias no meu curso (1º ESO) fixemos, en grupos de dúas ou tres persoas, un volcán.
                O meu compañeiro e máis eu puxémonos de acordo en que materiais traería cada un. Eu encargueime de traer o pegamento líquido, a area e un bote de Actimel; mentres que el encargouse de traer a plastilina e unha táboa de cartón duro.
                O día do experimento déronnos un papel no que explicaban como facelo.
                O primeiro que tiñamos que facer era pegar o bote de na táboa do cartón duro. Unha vez comprobamos que se pegara ben empezamos co segundo paso, que consistía en recubrir o bote de Actimel coa plastilina. Pero a nós se nos ocurriu rodear o bote de cun papel e despois recubrilo coa plastilina e quedounos mellor. O terceiro que tiñamos que facer era pegar a area á táboa de cartón duro. Ao final, coa plastilina que sobrou, adornamos a táboa con algunha árbore e tamén botamos a area sobrante dentro do bote de Actimel. Avisamos á profesora, que botou no bote vinagre e bicarbonato o que provocou que houbese unha reacción, como se o volcán entrase en erupción.
                A verdade é que foi máis divertido so que eu pensaba!
                Raquel González González de 1º ESO

REDACCIÓN DA SEMANA DAS CIENCIAS
Para todas as clases, a Semana das Ciencias é moi entretida (nalgunhas máis ca outras). Na miña clase, 2º ESO, fixemos dúas cousas: a primeira foi o xoves á tarde. Subimos ao laboratorio por parellas e fixemos un experimento mesturando caldo de lombarda e outras substancias como limón, augarrás, NaOH, suavizante, vinagre,...
A finalidade do experimento era calcular o pH das distintas substancias comparándoo co do caldo da lombarda.
A segunda foi baixar á aula de audiovisuais na que tivemos unha charla interactiva sobre as enerxías renovables e non renovables que concienzounos sobre o desgaste do Medio Ambiente e a necesidade de usar as enerxías renovables. Dende aquel intre creo que todos somos un pouco máis ecolóxicos. FIN
Brais González Fernández e Sergio Sahuquillo Embade de 2º ESO

  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • RSS

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Me gustaron mucho las redacciones.
La semana de las ciencias en bouza brey son muy divertidas.

Sergio S dijo...

Todas las actividades muy divertidas e interesantes.
Las redacciones muy buenas

Publicar un comentario